Bo día para tod@s !
As actividades de hoxe estarán centradas na asignatura de Sociais.
Iremos en primer lugar á web de Edixgal e entraremos nesta asignatura.
Logo entramos na unidade 5: Organización política e territorial de España e Galicia. E imos a Sección 3: Organización Territorial de España.
Leemos este apartado e facemos o único exercicio que hai nesta páxina.
A continuación visualizaremos o video sobre as Comunidade Autónomas.
Abrimos agora o Mapa das Comunidades Autónomas que debemos de ter aberto mentra facemos a seguinte actividade de JClic que se titula Xogos sobre As Comunidades Autónomas.
Facemos esa actividade e enviádesme o informe da actividade realizada a min. Lembrade que para facer esto tedes que pulsar sobre o texto que pon JClic debaixo xusto da bandeira verde que está na parte inferior esquerda da páxina de JClic donde estivemos facendo estos exercicios.
Copiade ese informe e pegádeo en Writer e enviádemo a través do enlace que se atopa na aula virtual da asignatura Aula de traballo polo coronavirus.
Xa sei que é un pouco largo o exercicio pero se non o chegades a facer todo hoxe mandáde o informe do que chegáchedes a facer.
Hoxe ireivos mandando as correccións dalgúns exercicios así que revisade os que fúchedes facendo estos días.
Un saúdo e bo día...