As actividades a realizar hoxe estarán centradas na asignatura de Matemáticas.
Para comezar, entraremos na Aula virtual da asignatura de Matemáticas.
Xa que vin que algúns se lles facía dificil resolver os problemas de onte, engadín hoxe 4 na Aula Virtual que están marcados cunha letra R. Estas actividades son de Planeta, así que creo recordar que soamente dan unha oportunidade para facelas. Probade a ver cómo van porque seguramente iremos poñendo algunhas máis noutras leccións antes de final de curso.
Por certo, por se alguén non se lembraba:
Cando poñen 6' quere dicir 6 minutos; se poñen 6'' quere dicir 6 segundos. Se poñen 6 h, son 6 horas.
Facédeos e logo iremos á páxina 120 do libro de clases, ó apartado Repaso de la unidad, leeremos a explicación que hai na parte superior desa páxina e faremos en Writer os exercicios 1 ó 8 desa páxina.
Enviádeme os exercicios mediante a Aula Virtual de Matemáticas no apartado que puxen alí.
Na Aula Virtual de Matemáticas puxen tamén 2 videos nos que se explica polo miúdo cómo hai que facer o traballo:
Se tedes algunha dúbida preguntádeme a través da mensaxería da Aula Virtual. Eu iréi observando a través da aula cómo vos van saíndo os diferentes exercicios.
Un saúdo e bo traballo,
Manuel.