Bo día a tod@s !
Teremos hoxe as 11 a nosa primeira reunión por video conferencia.
A ver se conseguides entrar. É millor utilizar o navegador Chromium que está no apartado de Internet no ordenador, pero se entrades co Firefox, deixádeo.
Inicialmente
a reunión ten por defecto activado o video pero podedes desactivalo
cando queirades na reunión. Esto pode millorar a conexión, xa que
estaremos varias personas conectadas á vez ó mesmo enlace... Ademáis, se
está tamén algún dos vosos pais por casa, tamén poderéi falar con eles
un momento, aínda que cos pais/nais teréi unha reunión de titoría, para
explicarlles cómo vai voso traballo, ó día seguinte, o mércores á mesma
hora, as 11.
A ver se conseguimos conectar todos.
Intentaremos outra conexión o venres tamén as 11 da mañá.
A tarefa de hoxe é a seguinte:
Hoxe traballaremos a asignatura de Matemáticas. Leeremos a páxina 116 e faremos os exercicios das páxinas 116 e 117. Podedes facer as actividades en OpenSankore, ou en Writer, en Impress...
Hai que subila á aula de Matemáticas no apartado que puxen alí.
Este apartado desta lección é moi interesante xa que trata dos triángulos, algo que como iredes vendo ten moitas aplicacións prácticas. Gracias a eles os Gregos puideron saber a distancia que había da terra á lúa miles de anos antes de que o home pisara o noso satélite... Tamén, cando cursedes a ESO e o Bacharelato comezaredes a utilizar un pouco a trigonometría, que no fondo está basada nos triángulos... e que ten moita utilidade nas distintas ramas da enxeñería...
Manuel.