jueves, 30 de abril de 2020

Xoves, 30/04/2020.

Bo día para tod@s !

As actividades de hoxe estarán centradas na asignatura de Sociais.
Iremos en primer lugar á web de Edixgal e entraremos nesta asignatura.
Logo entramos na unidade 6: A poboación en España e Galicia.
E imos a Sección 1: Unha ollada atrás e leemos o texto. Non facemos ningún exercicio desta páxina.

Pasamos agora á Sección 2: Características da poboación. Leemos este apartado e fixámonos ben nos gráficos que expresan gráficamente a natalidade e a mortalidade.

No apartado Un reto antes de seguir, prememos nos enlaces e vemos os artigos periódisticos que falan de xente que emigra duns sitios a outros (hai 3 enlaces). Non fai falla que os leades completamente, pero sí debemos entender de qué fala cada artigo, cada noticia do periódico.

Imos agora ó apartado de Actividades desta páxina e facemos as actividades 2 e 3. Non facemos a actividade 1.

Como noutras ocasións podemos facer estas tarefas en OpenSankore ou en Writer. Unha vez feitas subídeas ó apartado correspondente que figura na aula de Sociais.

E esta é a tarefa de hoxe. É pouco traballo pero é unha tarefa que nos debe facer reflexionar sobre este fenómeno da emigración. Seguramente tedes algún familiar que emigróu a outro pais por diferentes motivos, xa que moitos galegos foron emigrantes no pasado e seguen sendo. E debemos de darnos conta do que significa emigrar e os motivos polos que se emigra.


Un saúdo e bo día...

e lembrade que teremos unha reunión virtual dos alumnos o luns 4 de maio as 11 da mañá.