miércoles, 29 de abril de 2020

Mércores 29/04/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe traballaremos a asignatura de Matemáticas. Leeremos a páxina 118 do libro de clases da asignatura e faremos os exercicios das páxinas 118 e 119. Podedes facer as actividades en OpenSankore, ou en Writer, en Impress...

Como expliquéi máis dunha vez, tamén podemos facelo na libreta da asignatura correspondente, neste caso na de Matemáticas. Facémoslle unha foto as páxinas do caderno da asignatura e remitídesme a foto ou fotos ó sitio correspondente ás tarefas dese día.

No caso de facer varias fotos, éstas deberían enviarse como un único arquivo. Para esto hai varias opcións:

1. Pódense comprimir tódalas fotos con un compresor como zip, jzip, arj, rar...
2. Pódense incluir nun documento tipo pdf, Impress ou otro, poñendo todas as fotos que desexedes enviar nun único documento.


Hoxe, ás fotos, arquivo OpenSankore, Writer, etc... no que figure voso traballo hai que subilo á aula de Matemáticas no apartado que figura alí para o día de hoxe.

Falando da tarefa de onte, quero que saibades que o exercicio 5 da páxina 117 que ía nas tarefas de onte, farémolo na próxima reunión que teñamos entre todos os asistentes (aínda que xa o tivérades feito individualmente...)

Lémbrovos aquí o que vos expliquéi onte sobre esta parte desta unidade:

Este apartado desta lección é moi interesante xa que trata dos triángulos, algo que como iredes vendo ten moitas aplicacións prácticas. Gracias a eles os Gregos puideron saber a distancia que había da terra á lúa miles de anos antes de que o home pisara o noso satélite... Tamén, cando cursedes a ESO e o Bacharelato comezaredes a utilizar un pouco a trigonometría, que no fondo está basada nos triángulos... e que ten moita utilidade nas distintas ramas da enxeñería...

Bueno, pois nada máis.

Ah, sí, lémbrovos, para que llo recordedes ós vosos pais, que hoxe teremos unha reunión os pais as 11.

Bo día e bo traballo !