As actividades a realizar hoxe estarán centradas na asignatura de Matemáticas de novo, xa que creo que algúns van tendo dificultade para traballar coas unidades de medida de tempo.
Esta vez propóñobos facer unhas actividades máis sinxelas na aplicación de OpenSankore, a aplicación da pizarra dixital. Abride a aplicación e facede co voso punteiro para escribir no ordenador ou co voso propio dedo as actividades.
Non quero unha actividade tecleada polo teclado do ordenador, quero unha feita coa vosa propia letra para ver que realmente escribíchedes vos o exercicio. Deste xeito comprobaréi que estades traballando vos mesmos e que estades seguindo tódolos pasos do proceso.
Tamén podedes facer a actividade na libreta de Matemáticas. Facerlle unha foto (con unha cámara ou coa cámara do ordenador) e enviarma.
En primeiro lugar ollade o seguinte video. Neste video pásanse 10.000 segundos a minutos e horas
A segunda actividade é a seguinte:
Quero que me pasedes 4h 36 min 32 seg (4h 36' 32'') a segundos.
Subídeme logo o voso traballo á Aula Virtual de Matemáticas.
É pouco traballo pero vexo que algúns aínda non me enviaron a tarefa de onte, así que doubos tempo para facelo con máis calma.
Se tedes algunha dúbida preguntádeme a través da mensaxería da Aula Virtual. Eu iréi observando a través da aula cómo vos van saíndo os diferentes exercicios.
Un saúdo e bo traballo,
Manuel.