martes, 21 de abril de 2020

Martes 21/04/2020

Bo día a tod@s !

As actividades a realizar hoxe estarán centradas na asignatura de Matemáticas.

Para comezar, entraremos na Aula virtual da asignatura de Matemáticas, e dentro dela na SmartClass iremos á sección Operaciones con Medidas de Tiempo. Propiedades, e leeremos despaciño a longa explicación desta sección.

De seguido faremos a Actividade 1 e enviaremos a resposta a través da aula virtual de Matemáticas. Xa que alí propoñen un campeonato para ver quén remata antes esta actividade, a ver quén é o primeiro en ter feito ese grupo de sumas e restas en formato hexadecimal...

A continuación faremos os exercicios 2-3-4 e 5.

Un pouco máis abaixo temos outro grupo de exercicios (do 6 ó 10) e farémolos tamén.

Hai que prestar moita atención ó traballo que tedes que facer hoxe. A tarefa de onte era moito máis doada. Non intentedes facer os exercicios a presa. Para que os exercicios saian ben tedes que facelos sen presas. O que nos interesa aquí é facelos ben, non facelos de calqueira maneira para rematar rápido...

Se tedes algunha dúbida preguntádeme a través da mensaxería da Aula Virtual. Eu iréi observando a través da aula cómo vos van saíndo os diferentes exercicios.


Un saúdo,

Manuel.