martes, 14 de abril de 2020

Martes 14/04/2020

Benvidos tod@s despois dunhas breves vacacións !
Retomaremos o traballo elaborando un resumo dos contos que leímos estos días.

O resumo ten que ser no idioma no que estaba escrito o conto ou historia; ou sexa que si estaba escrito en castelán, faremos o resumo nese idioma, e si estaba en galego farémolo neste.
A súa extensión debe de ser entre 5-10 liñas. Se alguén pásase un pouco desa extensión non pasa nada, pero non vale un resumo inferior a 5 liñas. Estaremos aquí traballando as asignaturas de Lingua galega ou Lengua castellana.

A continuación continuaremos coa asignatura de Matemáticas.

Iremos á Aula da asignatura de Matemáticas e entraremos na SmartClass. Dentro dela iremos á sección: Al cierre. Fixádevos agora ben no orde no que hai que facer as actividades desta sección.

En primeiro lugar faremos os exercicios do apartado Evalúate (exercicios 5 a 9) e despois o do apartado Refuerza (10). A continuación faremos os da parte de arriba desa páxina Reflexiona y Valora tu trabajo (exercicios 1 a 4).

Como xa vos expliquéi outro día, na Aula polo coronavirus tedes un chat no que podedes entrar e si algún compañeiro está dentro podedes falar con él/ela, e tamén conmigo. Tamén tedes a opción de enviar mensaxes, xa que todos podemos comunicarnos así.

Finalmente faremos a actividade 11 do apartado Amplía. Para levala a cabo teredes que facelo con un compañeiro/a. Podedes facela pola mañá ou noutro momento do día si é que non lle ven ben a alguén entrar ó mesmo tempo que o compañeiro/a coa que ten pensado traballar. Si queredes facelo co compañeiro que xa esté conectado cando vós entredes na aula virtual pois millor que millor, porque así podedes rematalo antes. Copiade en writer as preguntas (soamente as preguntas, non todo o texto) e ide respondéndoas. Unha vez rematado o documento en writer subídeo a Aula polo coronavirus no apartado correspondente ó día de hoxe. Non fagades a actividade 12.

Esta é unha tarefa para a que podedes utilizar o chat ou os mensaxes. Intentaréi poñer máis actividades que poidades facer entre varios ou polo menos entre dous/dúas.

Bo día e boa tarefa...

Un saúdo,

Manuel.