Bo día a tod@s !
En primeiro quero convocaros para mañá día 27 de abril ás 11 para realizar a nosa primeira reunión por video. Poñeréi pola tarde un video no que explicaréi cómo tedes que facer para conectarvos. Estade atentos ós mensaxes que vos vou a mandar mediante a aula de Edixgal...
Para levar a cabo a reunión tedes que ter Internet na casa. Se alguén non o ten que me avise.
Podedes utilizar tanto o voso ordenador de clases como outro que teñades en casa.
Inicialmente a reunión ten por defecto activado o video pero podedes desactivalo cando queirades na reunión. Esto pode millorar a conexión, xa que estaremos varias personas conectadas á vez ó mesmo enlace... Ademáis, se está tamén algún dos vosos pais por casa, tamén poderéi falar con eles un momento, aínda que cos pais/nais teréi unha reunión de titoría, para explicarlles cómo vai voso traballo, ó día seguinte, o mércores á mesma hora, as 11.
Espero a partires de mañá facer reunións de vez en cando, tanto para explicarvos calquer problema que non poida ser solucionado coas explicacións que vos proporcionan os libros, a aula dixital ou os videos... e tamén para vernos, xa que nos poderemos ver todos os asistentes...
Bueno, centrándonos xa nas actividades de hoxe. As actividades a realizar hoxe estarán centradas na asignatura de Lingua Galega, igual que o último día, o venres. Así que en primeiro lugar iremos á Aula Virtual desta asignatura, unidade 8, e dentro desta o apartado que pon Aula Planeta.
Unha vez dentro dela clicamos no apartado 3. Descrición oral: descripción de persoaxes e escenarios. Leemos o texto que figura alí e facemos os 4 exercicios que temos alí. Capturade o resultado de cada exercicio no que haxa preguntas coa aplicación da pizarra dixital: OpenSankore ou OpenBoard. E Mándádeme todo nun único documento no apartado que figura na Aula Virtual de Galego.
A continuación iremos ó apartado 4. Comunicación escrita: O retrato, leeremos a explicación que figura alí e faremos tamén os 4 exercicios que temos. Incluídeme o resultado de tódolos exercicios na presentación do encerado dixital que utilizachédes no apartado anterior.
Lembrade
que as actividades son da editorial Planeta e que o número de intentos
permitidos para facer correctamente os exercicios é menor que nas de
Netex.
Se tedes algunha dúbida preguntádeme a
través da mensaxería da Aula Virtual.
Bueno, bo día e bo traballo e vémonos mañá...
Manuel.