Hola a tod@s !
Esta semana non haberá clases, xa que aínda que non haxa actos que o celebren é a Semana Santa pero aínda que non haberá tarefas específicas para cada asignatura propóñobos unha forma interesante de aproveitar o voso tempo...
A continuación propóñobos unha páxina web na que poderedes atopar enlaces a 37 contos online dos que podedes escoller un ou dous para leer. Ademáis ten enlaces a máis libros e museos virtuais que podedes visitar.
Enviádeme por correo os libros que conseguiches leer.
Para os máis valientes propóñolles a seguinte actividade: grabade en Audacity a vosa lectura de forma que a poidamos utilizar de diferente forma: podemos poñer algún deles no seguinte programa de radio da nosa aula, poñelas na web do cole, envialas a algún concurso de lectura en voz alta... xa que algún de vos lee bastante ben...
Se alguén quere grabarse e non sabe cómo que mo faga saber e poñeréi un video para todos sobre cómo facelo.
A páxina é a seguinte: https://elestudiantedigital.com/libros-en-pdf-para-ninos/
Un saúdo e que teñades bo día e boa lectura.