Bo día a tod@s !,
Hoxe
traballaremos a asignatura de Ciencias Naturais. Continuamos aprendendo sobre as enfermidades, un tema que resulta moi relevante na situación actual. Leeremos as páxinas 68-69-70 e 71 e faremos todos os exercicios destas páxinas, que son poucos (7). O procedemento máis axeitado sería leer cada páxina e facer os exercicios desa páxina e logo leer a seguinte e facer os desa páxina. Hai unha páxina que non ten exercicios.
O traballo que fagades tedes que subilo a Aula Virtual de Ciencias da Natureza.
A segunda tarefa que vos pido para hoxe é a seguinte: consultade en Internet cómo podemos facer unha mascarilla en casa e elaborade unha cos materiais que teñades por casa. Se non atopades un video ou páxina que vos diga cómo podedes facela cos materiais cos que contades na casa, teredes que botarlle imaxinación o asunto...
Facédelle fotos e creade unha presentación en Impress ou outro programa de presentacións. Se non vos da tempo a facela no día de hoxe podedes rematala o fin de semana. Debedes de tomar fotos da vosa mascarilla, esto pode ser con un teléfono e enviar logo as imaxes o ordenador vía bluetooth como fixemos algunha vez en clases ou con unha cámara de fotos, ou senón coa cámara da que dispón o voso portátil: poñedes vosa mascarilla diante da cámara, arranxades a foto se non está ben encuadrada e incluídes esas imaxes na presentación.
Os que queiran traballar máis poden engadir a súa voz e/ou música a presentación. Non me fai falla que vos poñades a mascarilla, chégame con que se vexa claramente cómo está feita...
E nada máis por hoxe...
Espero que vos esmeredes nas dúas partes do traballo porque faréi unha presentación cos traballos que fagades hoxe e veremos cómo vai traballando cada un... porque ás veces ven ben, ver o que fan outros para millorar...algo que facemos moitas veces en clases pero que resulta máis dificil neste momento.