As actividades a realizar hoxe estarán centradas na asignatura de Matemáticas. Iniciamos hoxe un novo tema que trata do Sistema Sexadecimal, un sistema de medición moi utilizado a diario, especialmente cando temos que facer referencia a medidas dentro de círculos ou esferas, como son os reloxos. Así cando estamos falando dos minutos que faltan para unha hora determinada estamos traballando con este sistema, pero hai máis situacións nas que utilizaremos este sistema como veremos nesta unidade.
Dentro do libro de texto esta unidade é a 8 pero en Netex está renumerada como a 7, así que para nós realmente é a 8.
Para comezar, entraremos na Aula virtual da asignatura de Matemáticas, e dentro dela na SmartClass. Xa dentro da SmartClass leemos en primeiro lugar o apartado Medida del Tiempo e reflexionamos sobre as 3 preguntas que nos fan nesa páxina. Non fai falla que escribades a resposta, soamente reflexionade sobre elas. Logo imos o apartado Tiempo: definición y uso; leemos a explicación desta páxina e contestádemes as 3 preguntas do apartado Microondas para todos. Copiade as preguntas e contestádeas en Writer e subide a resposta ó apartado da Aula de Matemáticas (non na Auila polo coronavirus). Despois facede individualmente a Sopa de Letras.
Xa para rematar iremos á sección Unidades de Medida: El tiempo histórico, e leeremos as explicacións desta páxina e a continuación faremos os 6 exercicios que temos alí.
É un tema novo e interesante xa que temos que cambiar a forma na que normalmente medimos (sistema decimal) a outro sistema completamente diferente.
Bueno e comezamos xa...
Bo día e boa tarefa...
Un saúdo,
Manuel.