martes, 31 de marzo de 2020

Martes, 31/03/2020

Bos días a tod@s !,

A tarefa de hoxe consistirá na elaboración dun conto, dunha extensión mínima de 10 liñas.
Para levar a cabo esta tarefa iremos á Aula do Coronavirus e descargaremos ou leeremos unha explicación que elaboréi para que saibades cómo levar a cabo esta tarefa.

Como xa explicamos algún día en clases, todo conto consta de tres fase: Introducción, Nudo e Desenlace.

Imos a desenvolver nosos contos ou historias tendo esa estructura en conta.

Sei que vos pode levar un rato porque temos que "imaxinar", algo que non é moi habitual no traballo de clases pero o mundo necesita que haxa máis imaxinación para solucionar algúns dos problemas que van surxindo... e vos sodes o futuro desta sociedade, así que "mans a obra" con esta pequena tarefa.

Escribide o voso conto en galego ou castelán, como millor prefirades.
Utilizade o procesador de textos Writer para facelo e subide o conto á Aula Virtual.

Un saúdo e bo día.