lunes, 30 de marzo de 2020

Lunes 30/03/2020



Bo día a tod@s !,

Hoxe traballaremos a asignatura de Ciencias Naturais. Volveremos a leer as páxinas que tiñamos que leer durante este fin de semana: páxinas 64, 66 e 67 e faremos agora as seguintes actividades. Farémolo no procesador de textos.

Comezaremos identificando a actividad, así que debemos poñer en primeiro lugar a qué páxina pertece o exercicio e logo nomearemos a) b)… ou o número de exercicio ó que se refiere esa solución. NON FAI FALLA COPIAR OS ENUNCIADOS.
En primeiro lugar leeremos a páxina da que imos facer os exercicios. Empezaremos pola lectura da páxina 64, faremos os exercicios. Logo faremos os da 65 que teñen que ver coa lectura da páxina 64. A continuación leeremos a páxina 66 e faremos os seus exercicios e finalmente leeremos a 67 e faremos os desta páxina.
As actividades a realizar son:
- Da páxina 64 responderemos as preguntas a) b) e c).
- Da páxina 65 todas as preguntas e todos os apartados (a pregunta 4 desta páxina ten 4 apartados que hai que responder…)
- Da páxina 66 faremos os exercicios do apartado "Comprende, pensa, investiga" (3 preguntas) e a do apartado "Traballo coa imaxe" (2 preguntas).
- Da páxina 67 faremos os dos mesmos apartados anteriores. Do apartado "Comprende, pensa, investiga" (2 preguntas) e a do apartado "Traballo coa imaxe" (3 preguntas).

Unha vez realizado este traballo no editor de textos (Writer) subirémolo a Aula polo coronavirus de Edixgal para a súa revisión polo profesor.

É un traballo un pouco largo, así que hai que tomalo con paciencia. 
Espero que vos vaia ben a actividade de hoxe. Centrádevos hoxe nesta, non intentedes facer outras cousas pendientes.
Se tedes algunha dúbida lembrade o que vos dixe outros días sobre as consultas: podedes facermas a mín ou facédellas a algún compañeiro... como queirades... pero eso sí, facer a consulta, non é preguntar o resultado...

Poñereime en contacto con vós durante o día, enviándovos un par de mensaxes para falar doutras actividades que poderíamos facer tamén na aula virtual e que poden ser algo máis lúdicas (entretidas).

Bo traballo !