lunes, 16 de marzo de 2020

Presentación

Benvidos/ as!

Como imos estar varios días sen asistir a clases creei este blogue (que é un tipo de páxina web), co que nos imos a comunicar, ademais da forma habitual mediante mensaxes que temos nos nosos computadores do colexio.

A aprendizaxe é algo que non podemos abandonar a esta idade, así que tentaremos ir traballando como o fariamos en clases, aínda que un pouco máis lentamente por razóns evidentes...

Centrarémonos fundamentalmente nas materias que se chaman Instrumentais, que son as Matemáticas e as Linguas, pero non nos esqueceremos doutras materias e dalgunhas actividades lúdicas (máis entretidas) como nosa Radio de Clase.

Como facemos nas clases todos os días, o traballo de cada día comezará coa materia de Matemáticas.

Leredes aquí as actividades que tedes que realizar cada día e enviarédesmas a través do sistema de mensaxería do voso computador, na páxina de Edixgal, da mesma forma que xa fixemos moitas outras veces.

Un saúdo e bo día, Manuel.