jueves, 4 de junio de 2020

Xoves, 04/06/2020.

Bo día a tod@s !,
Continuaremos hoxe traballando coa asignatura de Ciencias Naturais. 

Iremos á Aula Virtual de Naturais á Unidade 5: A materia e a enerxía, e dentro dela accedemos ó último apartado desta unidade: Ao peche.

Alí teremos que contestar en primeiro lugar a preguntas sobre o que fumos aprendendo sobre a materia e a enerxía. 

Esto supón que temos que reflexionar sobre o que aprendimos nesta unidade. Como xa fai días que non tivemos esta asignatura estaría ven pegarlle unha ollada rápida as seccións desta unidade para lembrarnos de todo o que vimos... aínda que só fora ós títulos das seccións...

Despois faremos as preguntas do apartado Avalíate e a continuación as do apartado Reforza. Non imos facer as do apartado Amplía.

Pode ser posible que para contestalas teñades que revisar algún contido dos que estivemos traballando outros días. Sería o normal... que non vos extrañe que se vos esqueceran algunhas cousas...

Se tedes algunha dúbida enviádeme unha mensaxe ou anotade a mesma para mañá, cando nos vexamos na video-conferencia.

E nada máis por hoxe... vémonos mañá na video-conferencia. Ás 11, como de costume...

Bo día e bo traballo !