viernes, 12 de junio de 2020

Venres, 12/06/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe non puxen pola mañá as tarefas porque tivemos reunión no colexio.
Póñoas máis tarde porque ademáis temos o fin de semana por diante, pero a tarefa é creativa, ou sexa que non é unha tarefa na que teñades que resolver un problema. E, sobre todo, unha tarefa para pensar... porque ata ten pouco que escribir..
 
A tarefa consiste en cubrir o o esquema dun posible conto, esquema que vos poño a continuación, de xeito que podamos noutro momento, outro día construir xa a historia completa do conto. Podedes capturar ese esquema con OpenSankore e escribir sobre ela.

Para facer esto axudaravos a seguinte explicación:

COMO ESCRIBIR UN CONTO (PRIMARIA) 
Os pasos que vos propoño a continuación adoitan motivar aos nenos á hora de elaborar o seu propio conto, xa que achegan unhas pautas sinxelas a seguir e unha guía para a súa redacción. Antes de escribir o conto hai que preguntarse que idea se tenta transmitir a través dos personaxes e os feitos que se van a narrar. 
Tamén hai que elixir un título para o conto. 
1º. Onde sucede a historia? Que sucede ao principio? 
2º. Que quere o protagonista? 
3º. Que fai para conseguilo? 
4º. Describe aos personaxes. 
Non é necesario facer unha descrición moi detallada dos personaxes. Unha descrición menos detallada adoita ser mellor para que a imaxinación do oínte ou lector entre en xogo. 
5º. Dificultades que aparecen e como se superan. 
6. Que sucede ao final? Conclusión. A ensinanza ou a conclusión é a lección que quen escribe o conto quere que se aprenda da historia e por iso aparece no final do conto.

ESQUEMA PARA ESCRIBIR UN CONTO.
Este esquema resulta moi útil para organizar as ideas secundarias ao redor da idea principal ou tema central do conto. Déixovos a descarga destas dúas fichas debaixo, así como un exemplo deste organizador recheo por un alumno.






O esquema que tedes que cubrir é o seguinte:



Unha vez cuberto o esquema subídeo a Aula Virtual de Lingua Galega.

Bueno e esto é todo.
É pouca tarefa pero é moi interesante.
Xa nos queda pouco para rematar este curso...

Que teñades un bo fin de semana,

Manuel.