martes, 2 de junio de 2020

Martes, 02/06/2020

Bo día a tod@s !

Continuaremos hoxe coa asignatura de Matemáticas. Accederemos á SmartClass e seguiremos coa  Unidade 10. Figuras Planas. Iremos á Sección 5: Figuras con ejes de simetría e leemos prestando moita atención ás explicacións que temos nesta páxina e a continuación facemos as 5 actividades desta páxina.

A actividade 5 era en grupo pero farémola individualmente. Capturaremos cada imaxe no programa da pizarra dixital (OpenSankore) e dibuxaremos sobre as imaxes os eixes de simetría, nun cor que permita que se vexan ben. Tamén podedes facer os exercicios 3 e 4 neste programa da pizarra dixital. Logo subimos o arquivo de OpenSankore á aula virtual de Matemáticas, no lugar que pon a data de hoxe...

Se tedes algunha dificultade nalgunha cousa, mandádeme unha mensaxe o gardade a pregunta para a  video-conferencia, como prefirades...

Véxovos dentros duns minutos na video-conferencia.

Un saúdo e que teñades un bo día,

Manuel.