Bo día a tod@s !
Darémoslle hoxe unha última visita por este curso á asignatura de Lengua Española.
Entramos na aula virtual desta asignatura e abrimos a SmartClass da Unidade 12: Reirse de uno mismo e ímos a leer en primeiro lugar a Sección 2: Vocabulario. Familias de palabras, e facemos as Actividades deste apartado. Son actividades sinxelas sobre as familias de palabras e os campos semánticos, similares as que levamos facendo dende 2º de primaria... así que son realmente actividades de repaso de coñecementos que temos dende fai tempo.
Pasamos agora á Sección 4: Gramática e leemos as explicacións que aquí nos fan sobre O Enunciado e A Oración e facemos as 4 primeiras Actividades desta páxina. Non facemos nin a 5 nin a 6.
Pasamos agora á Sección 4: Gramática e leemos as explicacións que aquí nos fan sobre O Enunciado e A Oración e facemos as 4 primeiras Actividades desta páxina. Non facemos nin a 5 nin a 6.
E iso é todo. É unha clase como a de estos últimos días onde repasamos e afianzamos contidos que xa vimos, incluso noutros cursos.
Finalmente, aínda que contaba con que onte fora a última video-conferencia teremos unha última mañá xoves as 11.
Recórdovos que o venres teredes que levar os ordenadores de Edixgal ó colexio e devolver os libros que recibíchedes prestados para este curso. Lembro unha vez máis que debedes facer copia de todo o contido persoal que teñades nos ordenadores antes de entregalos. Se hai algunha dúbida sobre cómo facer a copia, ou sobre a devolución do material ou doutro tema, preguntádeme por mensaxes ou mañá na video-conferencia.
Espero
que teñades un bo día e vémonos mañá ás 11 na
video-conferencia.
Un saúdo,
Manuel.