Bo día a tod@s !
Xa entamos no mes de Xuño, así que estamos na recta final do remate deste curso que foi tan extraño... pero aínda nos falta un pouquiño e o traballo que fagamos neste curso suporá menos traballo para o que ven (eso, os que traballaron este curso porque algúns parece que tiveron tan poucas ganas de traballar como en clases...)
Bueno, centrándonos no día de hoxe...
Continuaremos hoxe coa asignatura de Matemáticas. Accederemos á SmartClass e seguiremos coa Unidade 10. Figuras Planas.
Imos en primeiro lugar á Sección 3: La circunferencia y el círculo
e leemos prestando moita atención ás explicacións que temos
nesta páxina e a continuación facemos as actividades desta páxina. Faremos a actividade 2 que di en parellas sós, xa que non sabemos se estará alguén da clase conectado cando entremos nós. Esto poderíamos solucionalo no futuro se todos tivéramos un horario similar de facer as actividades ou de entrar en internet para facer algunhas actividades e podemos falar desto mañá na video-conferencia que temos ás 11:00.
Xa que algúns poden ter problemas para entender a explicación da SmartClass, púxenvos unha explicación sobre cómo operar co número "pi" na Aula de Matemáticas....
Aparte das dúas explicacións que puxen na Aula Virtual de Matemáticas, se alguén quere saber máis sobre este número pode buscar en Internet. Un artigo curioso e interesante é o seguinte:
https://elpais.com/elpais/2015/03/13/ciencia/1426279728_452492.html
Xa que algúns poden ter problemas para entender a explicación da SmartClass, púxenvos unha explicación sobre cómo operar co número "pi" na Aula de Matemáticas....
Aparte das dúas explicacións que puxen na Aula Virtual de Matemáticas, se alguén quere saber máis sobre este número pode buscar en Internet. Un artigo curioso e interesante é o seguinte:
https://elpais.com/elpais/2015/03/13/ciencia/1426279728_452492.html
Por outra banda, se alguén quere grabar algo en Audacity, algo novo ou algo que teña pendente, subídeo á Aula da Radio de 5º de primaria e mañá falaremos destas aportacións á radio.
É unha boa dinámica ou costume, especialmente nos meses calurosos, traballar máis pola mañá que está máis fresco que pola tarde cando xa as temperaturas son más altas... e pensando xa no verán, esa é unha boa costume porque algo de traballo deberíades facer, leer algún libro, repasar aquelas cousas que non se nos deron tan ben durante o curso...
E repito o que vos digo moitas veces, se tedes algunha dificultade nalgunha cousa, mandádeme un mensaxe o gardade a pregunta para os días de video-conferencia, como prefirades...
Espero que teñades un bo día e que podades disfrutar del, xa que o traballo de hoxe (como suele ser costume coas miñas asignaturas) é bastante doado (fácil) de levar...
Un saúdo e ata mañá (na video-conferencia),
Manuel.