viernes, 19 de junio de 2020

Venres, 19/06/2020

Bo día a tod@s !

Como xa vos levo informando dende a semana pasada, hoxe venres 19 de xuño tedes que levar os ordenadores de clases ó colexio así como os libros que recibíchedes en préstamo este curso.

Lembrade facerlle unha copia os vosos arquivos persoais xa que poden perderse ó actualizar o sistema operativo do ordenador para o vindeiro curso, aínda que os ordenadores que teredes sexan os mesmos que tivéchedes este curso.

Como titor entregaréivos as notas do curso a vos ou a vosos pais.

Sería bon que durante este periodo de cáseque dous meses e medio de vacacións, non estivésedes todo o tempo ociosos, esto é, que aínda que tomedes un periodo de descanso, viría ben que retomásedes o traballo antes de comenzar o curso, para esquecer a menor cantidade de contidos posibles e para non perder o hábito do traballo. Podedes retomalo a partir dunha data ou continuar traballando un pouco durante cada semana.

Ó millor sería traballar precisamente aquelas asignaturas nas que tivéchedes máis dificultades durante o curso. Xa sei que para traballar algunhas precisaredes a axuda dalgún adulto, pero se non podedes contar con algún, entón intentade facer aquelas tarefas que podades levar a cabo vós sós, sen axuda de ninguén, como por exemplo facer divisións e multiplicacións, leer libros (hai moitos para nen@s da vosa idade), repasar contidos que traballamos en clases, etc., etc...

Podedes tamén entrar nas aulas de Edixgal, xa que supoño que estarán operativas ata o mes de setembro, momento no que se baleirarán para que queden libres para os novos alumn@s.

Espero que descansedes do traballo realizado neste curso pero que non vos esquezades do que aprendimos, nin que perdades o hábito, ou sexa, a costume, de traballar como debe facer un nen@ da vosa idade: interesándose por aprender, por coñecer cousas novas e por ter a mente o máis esperta posible.

Un saúdo e bo verán,

Manuel.

jueves, 18 de junio de 2020

Xoves, 18/05/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe convócovos á última video-conferencia que teremos durante este curso. Será as 11:00 como noutras ocasións. Non haberá ningunha tarefa, así teredes tempo de preparar os libros que tedes que devolver mañá e os ordenadores.

Mandareivos unha mensaxe coa convocatoria da reunión de hoxe e un formulario que teñen que cubrir os vosos pais para ver a qué hora lles ven millor facer a entrega dese material (ordenadores e libros) e recoller as vosas notas do curso.



Esta información foi enviada esta mañá coa convocatoria da video-conferencia de hoxe, mediante a mensaxería de Edixgal.

Un saúdo,

Manuel.


miércoles, 17 de junio de 2020

Mércores, 17/06/2020

Bo día a tod@s !

Darémoslle hoxe unha última visita por este curso á asignatura de Lengua Española.

Entramos na aula virtual desta asignatura e abrimos a SmartClass da Unidade 12: Reirse de uno mismo  e ímos a leer en primeiro lugar a Sección 2: Vocabulario. Familias de palabras, e facemos as Actividades deste apartado. Son actividades sinxelas sobre as familias de palabras e os campos semánticos, similares as que levamos facendo dende 2º de primaria... así que son realmente actividades de repaso de coñecementos que temos dende fai tempo.

Pasamos agora á Sección 4: Gramática e leemos as explicacións que aquí nos fan sobre O Enunciado e A Oración e facemos as 4 primeiras Actividades desta páxina. Non facemos nin a 5 nin a 6.

E iso é todo. É unha clase como a de estos últimos días onde repasamos e afianzamos contidos que xa vimos, incluso noutros cursos.

Finalmente, aínda que contaba con que onte fora a última video-conferencia teremos unha última mañá xoves as 11.

Recórdovos que o venres teredes que levar os ordenadores de Edixgal ó colexio e devolver os libros que recibíchedes prestados para este curso. Lembro unha vez máis que debedes facer copia de todo o contido persoal que teñades nos ordenadores antes de entregalos. Se hai algunha dúbida sobre cómo facer a copia, ou sobre a devolución do material ou doutro tema, preguntádeme por mensaxes ou mañá na video-conferencia.

Espero que teñades un bo día e vémonos mañá ás 11 na video-conferencia.

Un saúdo,

Manuel.


martes, 16 de junio de 2020

Martes, 16/06/2020

Bo día a tod@s !

Darémoslle hoxe unha última visita por este curso á asignatura de Ciencias da Natureza.

Entramos na aula virtual desta asignatura e abrimos a Unidade 6: A Enerxía e os seus cambios e ímos á Sección 2: Recursos naturais e a Sección 4: As fontes de enerxía. Leemos primeiro estas páxinas e logo facemos as dúas actividades da Sección 8 Ao peche: a do apartado Avalíate e a do apartado Reforza.

As preguntas son fáciles e poden ser respondidas se utilizamos o sentido común pero se antes leedes as seccións 2 e 4 será máis doado.

E iso é todo. É unha clase como a de onte para lembrar cousas que xa vimos, incluso noutros cursos.

Espero que teñades un bo día e vémonos dentro dun rato, ás 11 na video-conferencia, que como comentaba onte, pode ser a última deste curso.

Un saúdo,

Manuel.


lunes, 15 de junio de 2020

Luns, 15/06/2020

Bo día a tod@s !

Quédannos moi poucos días para as vacacións de verán pero para non deixar traballo por facer para o vindeiro curso imos aproveitar o tempo ata último momento. Despois teremos dous meses e medio nos que teremos tempo de descansar... aínda que non deberíamos de deixar ó traballo completamente de lado...

Deixaréi o día de hoxe para que os que non enviaron o esquema dun conto mo envíen e tamén poñeréi unha actividade para aqueles que xa mo enviaron.

Iremos á Aula de Matemáticas. Unidade 12: Representación de datos y probabilidad, e dentro desta ó apartado que pon Orientación en el plano y en el espacio. É unha SmartClass na que iremos primeiro á Sección 2: La cuadrícula en el plano. Trátase aquí de algo que xa traballamos ó comezo deste curso e que traballamos incluso dun xeito lúdico como foi cando xogamos o xogo dos barcos ou de hundir á flota...

Leemos esta sección e logo facemos en primeiro lugar a actividade 2. Esta actividade teredes que capturala con OpenSankore e logo subila a esta Aula de Matemáticas. É unha actividade máis de xogo que de dificultade...tamén teredes que subir á actividade 5 porque non se pode facer directamente na SmartClass.

Despois de facer á actividade 2, faremos as actividades 3 e 4 e 5. A actividade 5 facede soamente o de crear un mensaxe oculto. Ese mensaxe darémosllo mañá na video-conferencia a un compañeiro/a para que o resolva. Son tamén actividades moi sinxelas e levan moi pouco tempo.

E iso é todo. É unha clase para lembrar cousas que xa vimos a principio de curso pero estará ben rematar o curso tendo estas cousas claras...

Espero que teñades un bo día e vémonos mañá as 11 na video-conferencia que pode ser a última deste curso.

Un saúdo,

Manuel.


viernes, 12 de junio de 2020

Venres, 12/06/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe non puxen pola mañá as tarefas porque tivemos reunión no colexio.
Póñoas máis tarde porque ademáis temos o fin de semana por diante, pero a tarefa é creativa, ou sexa que non é unha tarefa na que teñades que resolver un problema. E, sobre todo, unha tarefa para pensar... porque ata ten pouco que escribir..
 
A tarefa consiste en cubrir o o esquema dun posible conto, esquema que vos poño a continuación, de xeito que podamos noutro momento, outro día construir xa a historia completa do conto. Podedes capturar ese esquema con OpenSankore e escribir sobre ela.

Para facer esto axudaravos a seguinte explicación:

COMO ESCRIBIR UN CONTO (PRIMARIA) 
Os pasos que vos propoño a continuación adoitan motivar aos nenos á hora de elaborar o seu propio conto, xa que achegan unhas pautas sinxelas a seguir e unha guía para a súa redacción. Antes de escribir o conto hai que preguntarse que idea se tenta transmitir a través dos personaxes e os feitos que se van a narrar. 
Tamén hai que elixir un título para o conto. 
1º. Onde sucede a historia? Que sucede ao principio? 
2º. Que quere o protagonista? 
3º. Que fai para conseguilo? 
4º. Describe aos personaxes. 
Non é necesario facer unha descrición moi detallada dos personaxes. Unha descrición menos detallada adoita ser mellor para que a imaxinación do oínte ou lector entre en xogo. 
5º. Dificultades que aparecen e como se superan. 
6. Que sucede ao final? Conclusión. A ensinanza ou a conclusión é a lección que quen escribe o conto quere que se aprenda da historia e por iso aparece no final do conto.

ESQUEMA PARA ESCRIBIR UN CONTO.
Este esquema resulta moi útil para organizar as ideas secundarias ao redor da idea principal ou tema central do conto. Déixovos a descarga destas dúas fichas debaixo, así como un exemplo deste organizador recheo por un alumno.






O esquema que tedes que cubrir é o seguinte:



Unha vez cuberto o esquema subídeo a Aula Virtual de Lingua Galega.

Bueno e esto é todo.
É pouca tarefa pero é moi interesante.
Xa nos queda pouco para rematar este curso...

Que teñades un bo fin de semana,

Manuel.