Bo día para tod@s !
As actividades de hoxe estarán centradas na asignatura de Sociais.
Iremos en primer lugar á web de Edixgal e entraremos nesta asignatura.
Logo entramos na unidade 6: A poboación en España e Galicia.
E imos a Sección 3: Movementos migratorios e leemos o texto. Facemos os exercicios 1,2 e 4 do apartado Actividades.
Pasamos agora á Sección 4: Distribución da poboación. Leemos este apartado e fixámonos ben nos gráficos e facemos as Actividades 1 e 2 con todos os seus apartados.
Como noutras ocasións podemos facer estas tarefas en OpenSankore ou en
Writer. Unha vez feitas subídeas ó apartado correspondente que figura na
aula de Sociais.
Se capturades algunha pregunta da pantalla, non me capturedes varias á vez. Ou sexa, capturade a Actividade 1 e logo a 2 e así sucesivamente. Vexo que algúns capturan varias á vez e responden logo dun xeito pouco organizado...
A ver se milloramos as presentacións... xa que non tedes que copiar estas preguntas a man.
A segunda tarefa que vos vou mandar hoxe é con Audacity e poñeréina un pouco máis tarde porque tiven que facervos un titorial en video que non sei si funcionará en Linux e por eso o paséi a pdf tamén. Na aula virtual de Sociais tedes dous tutoriales, un en formato video
e outro en formato pdf que vos explican cómo tedes que facer para
grabar sonido con Audacity.
A tarefa consistirá en que me grabedes un trozo que vos guste desta lección de hoxe de Sociais, dunha duración de 2 minutos aproximadamente... e subídela nesa aula no lugar correspondente...
Un saúdo e bo día...