Bo día a tod@s !
Onte, os que non tiñan traballo pendente fixeron a última Actividade da unidade que estamos vendo de Lingua Galega, así que hoxe tocaralle ó resto de compañeir@s facer esa actividade.
Corresponde a última sección do tema de Lingua Galega, que se chama O peche: o que aprendín,
e hai que contestar ás preguntas que hai alí. Moitas delas son reflexións sobre
o que aprendimos neste tema, así que non son nada difíciles. Outras
serven de repaso da unidade.
Como soamente un alumn@ rematóu onte esa tarefa deixo esta tarefa para o resto dos alumn@s do grupo e o/a que xa o rematóu pediríalle que traballase na radio da clase aportando algo da área na que soe traballar... que o grabe e cando o teña listo que me mande unha mensaxe e indicaréille cómo ten que subilo. A grabación pode ter tamén un comentario persoal sobre cómo ve el/ela este periodo de "cuarentena" polo coronavirus...
Creo que para o resto dos compañeiros desta clase, cando terminen esta
tarefa, sería tamén moi interesante grabar unha reflexión para a radio
sobre o que significou para eles esta enfermidade do coronavirus...
seguramente será moi interesante que isto quede reflectido dalgunha
maneira e que o podamos escoitar dentro duns anos...
Creo que hoxe debeu de haber un problema co servidor porque e a páxina non se visualizóu en Internet hasta fai uns minutos.
Bueno e por hoxe nada máis.
Un saúdo e bo día,
Manuel.