viernes, 29 de mayo de 2020

Viernes, 29/05/2020

Bo día a tod@s !

Continuaremos hoxe coa asignatura de Matemáticas. Accederemos á SmartClass da Unidade 10. Figuras Planas
 
Imos en primeiro lugar á Sección 2: Los triángulos e leemos prestando moita atención ás definicións de polígonos que temos nesta páxina. A continuación facemos a Sopa de letras e as seis Actividades desa páxina.
 
Imos logo á Sección 3: Los cuadriláteros, leemos o que nos explican nesta sección e facemos as nove Actividades desta páxina.

E por hoxe esto é todo.
 
Temos esta mañá video-conferencia, na que vos vou explicar cómo utilizar o ordenador para as Matemáticas, así que, estaría ben que aínda que vos conectedes por tablet ou teléfono, tivérades o voso ordenador do colexio cerca...

Un saúdo,

Manuel.

jueves, 28 de mayo de 2020

Xoves 28/05/2020

Bo día a tod@s !

Traballaremos hoxe Matemáticas. Accederemos á SmartClass da Unidade 10. Figuras Planas. Imos en primeiro lugar á Sección 1: Polígonos e leemos prestando moita atención ás definicións de polígonos que temos nesta páxina. A continuación imos ós exercicios desa páxina, a partir de onde pon Actividades e farémolos todos agás (excepto) o primeiro que é un exercicio para facer en grupos. 
O exercicio 2 que ten 4 apartados e o 3 podedes capturalos con OpenSankore ouWriter e subídeo á Aula Virtual de Matemáticas no lugar que puxen para o día de hoxe. O resto dos exercicios xa os ides facendo na SmartClass.
E iso é todo por hoxe. Como vedes é pouquiño pero xa vexo que algúns están un pouco cansos estos días de tanto calor pero non esquezades facer as tarefas das outras asignaturas: inglés, plástica, educación física, relixión e música.
Bueno, pois nada máis por hoxe. Espero que teñades un bo día, xa que parece que vai ser tan caluroso coma onte.

Ah, e lembrade que mañá teremos video-conferencia.

Un saúdo,

Manuel.

miércoles, 27 de mayo de 2020

Mércores, 27/05/2020

Bo día a tod@s !

Onte, os que non tiñan traballo pendente fixeron a última Actividade da unidade que estamos vendo de Lingua Galega, así que hoxe tocaralle ó resto de compañeir@s facer esa actividade.

Corresponde a última sección do tema de Lingua Galega, que se chama O peche: o que aprendín, e hai que contestar ás preguntas que hai alí. Moitas delas son reflexións sobre o que aprendimos neste tema, así que non son nada difíciles. Outras serven de repaso da unidade.

Como soamente un alumn@ rematóu onte esa tarefa deixo esta tarefa para o resto dos alumn@s do grupo e o/a que xa o rematóu pediríalle que traballase na radio da clase aportando algo da área na que soe traballar... que o grabe e cando o teña listo que me mande unha mensaxe e indicaréille cómo ten que subilo. A grabación pode ter tamén un comentario persoal sobre cómo ve el/ela este periodo de "cuarentena" polo coronavirus...

Creo que para o resto dos compañeiros desta clase, cando terminen esta tarefa, sería tamén moi interesante grabar unha reflexión para a radio sobre o que significou para eles esta enfermidade do coronavirus... seguramente será moi interesante que isto quede reflectido dalgunha maneira e que o podamos escoitar dentro duns anos...

Creo que hoxe debeu de haber un problema co servidor porque e a páxina non se visualizóu en Internet hasta fai uns minutos.

Bueno e por hoxe nada máis.

Un saúdo e bo día,

Manuel.

martes, 26 de mayo de 2020

Martes, 26/05/2020

Bo día a tod@s !

O día de hoxe adicarémolo a rematar algunhas tarefas que foron quedando pendientes de onte e da semana pasada, xa que algúns non as realizaron completamente...

Lémbrovos que para manter a nota das dúas últimas avaliacións hai que ir facendo as tarefas e que, aínda que vou deixando marxe de abondo, hai algúns que non as remataron, así que esta semana espero que se rematen as que falten, empezando xusto polas da semana pasada...

Se alguén ten algunha máis vella, de días anteriores que as faga logo e se non a deu feito, que me explique por mensaxe cal é o motivo: non entendín esto ou aquelo... non tiña moitas ganas de traballar ese día... o que sexa pero que me explique o motivo... eu xa sei que non é o mesmo traballar aquí que no colexio pero temos que ir avanzando porque o remate do curso xa está ahí, ben cerca e non debemos utilizar esta situación que estamos a vivir para adicarnos a vaguear...

No caso de que alguén non vaia rematando esas tarefas, acabaréi falando cos seus pais, esta semana ou ó comezo da semana que ven.

Tamén hai o caso daqueles/as que fan as tarefas e logo esquécense de envia-las (por exemplo había que facerlle una foto a tarefa e logo non se envióu...). Revisade se vos quedóu algunha pendiente de enviar. Durante esta semana iréi revisando todas e, se fai falla, enviaréilles algún mensaxe os/as interesados/as para lembrarlles as tarefas que faltan...

Se alguén ten todo o seu traballo "o día", ou sexa, "todo feito ata hoxe", pode ir facendo a última sección do tema de Lingua Galega, que se chama O peche: o que aprendín e contestar ás preguntas que hai alí. Moitas delas son reflexións sobre o que aprendimos neste tema, así que non son nada difíciles. Outras serven de repaso da unidade.

Bueno e por hoxe nada máis, véxovos na video-conferencia que teremos as 11.

Un saúdo e bo día,

Manuel.

lunes, 25 de mayo de 2020

Lunes, 25/05/2020

Bo día a tod@s !

Continuamos hoxe coa asignatura do último día, do venres, xa que hai algúns alumnos que non fixeron todas as tarefas do último día e ter que facer as do venres xa enlaza, deste xeito, ben coas de hoxe. Así que as actividades estarán centradas na asignatura de Lingua Galega. En primeiro lugar iremos á Aula Virtual desta asignatura, Unidade 9, e dentro desta o apartado que pon SmartClass.

Unha vez dentro dela clicamos no apartado 4. Gramática: Graos do adxetivo.
Leemos e escoitamos o texto que figura alí e facemos os 3 exercicios que temos alí.  Pero o primeiro exercicio, que consiste en facer un dictado ímolo cambiar e faremos un resumo do texto que acabamos de escoitar/leer.

Iremos logo á Sección 6. Expresión oral e escrita e leeremos detidamente as explicación sobre cómo preparar unha exposición oral ou unha escrita e logo faremos a Actividades 1 desa páxina que consistirá en contar unha experiencia persoal sobre 4 posibles temas: A ponte Romanda de Ourense, O arde Lucus, o Castro de Baroña ou a Catedral de Santiago. O texto ten que ter unha extensión mínima de 5 liñas e ten que seguir a estructura que se explicóu antes nesa páxina.


Finalmente iremos á Sección 3: Literatura e escoitamos e leemos o texto de Castelao que temos aquí, a pequena explicación da Literatura de Exilio e outra sobre a metáfora e a comparación e facemos as 4 Actividades desta sección.

As actividades de hoxe son todas da SmartClass desta asignatura, así que non teredes que enviarme nada pero veréi inmediatamente quen vai facendo os exercicios...

Que teñades bo día e vémonos mañá na video-conferencia.


Manuel.

viernes, 22 de mayo de 2020

Venres, 22/05/2020


Bo día a tod@s !

En primeiro lugar lémbrovos que hoxe teremos reunión por video-conferencia ás 11 e trataremos dos traballos da semana e dalgúns problemas técnicos que tiveron algúns alumnos...

Bueno, centrándonos xa nas actividades de hoxe. As actividades estarán centradas na asignatura de Lingua Galega. En primeiro lugar iremos á Aula Virtual desta asignatura, Unidade 9, e dentro desta o apartado que pon SmartClass.

Unha vez dentro dela clicamos no apartado 1. Lectura: Introducción á unidade.
Leemos e escoitamos o texto que figura alí e facemos os 4 primeiros exercicios que temos alí.  Non facemos o 5º.

Iremos logo á Sección 2. Vocabulario e leeremos detidamente esa páxina para poder facer logo as Actividades 3, 4 e 5 desa páxina. Non faremos as actividades 1 e 2.

Finalmente iremos á Sección 5: Ortografía e veremos unha explicación das palabras que se escriben con s e con x e facemos as 3 Actividades desta sección.

Bueno ata aquí o traballo para hoxe e vémonos dentro dun anaco na video-conferencia...

Manuel.

jueves, 21 de mayo de 2020

Xoves, 21/05/2020

Bo día a tod@s !,

Imos hoxe comenzar con un tema moi interesante, un tema de Historia que trata da Idade Media...

Probablemente é a primeira vez que nos adentramos neste periodo da Historia dos seres humanos e xa veredes cómo é moi interesante. Aquí tedes un enlace a un video que vos axudará a situarnos no tema que imos tratar hoxe: enlace ó video.

Así que comenzaremos indo á aula virtual da asignatura de Ciencias Sociais, unidade 7: A Idade Media. En primeiro lugar iremos á Sección 1: Investigando o noso pasado e no apartado Lucía proponvos un reto visualizade o documental (video) sobre a debilitación do Imperio Romano, ou como foi perdendo poder o Imperio Romano. E non faremos ningunha outra actividade desta sección.

Imos logo á Sección 2: O Inicio da Idade Media e leemos detidamente o contido desa páxina. Se o sabedes facer, grabádeme a vosa lectura desa páxina en Audacity en subídea a Aula Virtual de Sociais, xa que tamén teño que ver cómo ides leendo en varias asignaturas e o que o faga hoxe non o terá que facer outro día...  Hai que leer ata o apartado Seguimos co reto.
No apartado de Actividades desta sección facedes soamente a actividade 2.

Por último imos a Sección 3: Os pobos xermánicos na península ibérica..., leemos esta sección e facemos as actividades 2 e 3.

E por hoxe aquí rematan vosas tarefas.
Creo que é un tema moi interesante e do que se teñen feito moitas películas.

Espero que teñades un bo día... e lembrade que mañá as 11 teremos video-conferencia.

Un saúdo,

Manuel.


miércoles, 20 de mayo de 2020

Mércores, 20/05/2020.

Bo día a tod@s !,
Continuaremos hoxe traballando coa asignatura de Ciencias Naturais. 

En primer lugar iremos á Aula Virtual de Naturais á Unidade 5: A materia e a enerxía, e dentro dela accedemos ó apartado A materia. Características: masa, volume, densidade.

Neste apartado temos que leer en primeiro lugar a Sección 4: Os estados da materia. Facede as 3 primeiras Actividades desa páxina.
A continuación imos á Sección 6: Os cambios na materia. Facede as dúas Actividades desa páxina que son máis de experimentar e ver qué sucede...

Finalmente imos á Sección 7: Productos químicos no fogar, e hai que leer esas 7 líñas e fixarse ben nos debuxos, porque poden ternos moito interese... Facede a única actividade que hai nesta páxina.
A tarefa que hai a continuación no apartado Na práctica... farémola todos xuntos o vindeiro día que teñamos video-conferencia (este venres) , xa que é unha tarefa de dar opinións sobre o que alí se explica...

En total tedes hoxe 6 actividades e algunha leva moi pouco tempo (por exemplo as dúas primeiras). Podedes facer estas actividades en Writer ou en OpenSankore ou na libreta, pero hai que copiar tamén as preguntas... Escollede como millor vos guste... Subide voso traballo á Aula de Naturais.

Hoxe, por problemas técnicos puxen estas tarefas un pouco máis tarde pero espero que aproveitásedes para rematar as tarefas pendentes destos días, e especialmente as de escritura nas libretas porque teño que ver cómo as ides levando, con limpeza, boa escritura... algúns xa me mandaron foto da libreta pero aínda falta alguén...

Por outra banda, a tarefa de onte da radio, é creativa, e, en canto teñades algo feito subídema á Aula de Lingua Galega.

E nada máis por hoxe... vémonos o venres na video-conferencia. As 11, como de costume...

Bo día e bo traballo !

martes, 19 de mayo de 2020

Martes, 19/05/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe traballaremos unha nova emisión da Radio de Clase. O noso último programa foi xusto antes de interrumpirse as clases presenciais. Acabamos de falar por video-conferencia sobre cómo repartiremos as tarefas desta actividade. Poñeréi máis tarde aquí a distribución, aínda que xa tratamos desto nas clases presenciais.

Dous meses despois de comenzar este illamento polo coronavirus a situación é moi diferente á que tiñamos cando íamos a clase e iso tamén temos que reflectilo no noso programa de radio. Pero tamén temos que facer un programa con ledicia (alegría) e esperanza porque a situación, aínda que pouco a pouco vai millorando.

Así, xa vemos que no fútbol (un deporte que lle gusta moito ós alumnos deste curso...) algúns paises xa están volvendo a practicalo como Alemania... aquí tamén iremos pouco a pouco.

Pero no noso programa de radio tamén falaremos dos acontecementos culturais que podemos ver a través do noso ordenador: museos e exposicións virtuais, acceso a bibliotecas, libros... xa que a cultura, en xeral, segue sendo accesible tamén dende a nosa casa.

Lembrade que temos un apartado de adiviñanzas e outro de chistes... e sobre todo, tamén tedes que falar do que sentides e pensades desta situación que estamos a vivir. Esas opinións persoais chámanse, artigos de opinión, e poderíades facer un cada un de vos... aínda que sexa breve...

Bueno, pois espero que a tarefa de hoxe sexa moito máis levadeira que a doutros días e que disfrutedes do sol que fai hoxe.

Un saúdo e bo día,

Manuel.

lunes, 18 de mayo de 2020

Luns, 18/05/2020

Bo día a tod@s !

Traballaremos hoxe Matemáticas. Continuaremos traballando os exercicios de repaso da unidade. Remataremos hoxe este apartado de Repaso, xa que non faremos máis actividades deste apartado...

Faremos hoxe os exercicios 30 ó 43 (inclusive) do apartado Repaso Trimestral da páxina 126 do libro de clases da asignatura. Facéde os exercicios na libreta da asignatura, porque quero ver cómo seguides a facer os traballos nas libretas e a vosa caligrafía...
Tomades unha foto e subídea á Aula de Matemáticas.

Repito aquí o que xa dixen outro día: Os que teñan algo pendente que fagan primeiro o do día de hoxe. Esta semana falaréi cos vosos pais para explicarlles cómo ides cos traballos, así que ide avanzando aínda que sexa pouco a pouco...

Bueno, pois nada máis por hoxe.

Lembrade que mañá teremos video-conferencia.

Un saúdo,

Manuel.

viernes, 15 de mayo de 2020

Venres, 15/05/2020.

Hola a tod@s !

Hoxe a asignatura que traballaremos é a de Lingua Galega, por varios motivos...
Un deles é que este fin de semana celebramos o día das Letras Galegas. Concretamente é o domingo día 17. En este día do ano conmemoramos a festividade da nosa lingua e das persoas que escribiron nela. Agasállase así a un escritor ou escritora cada ano. A persoa elexida este ano, é un escritor que tivo moito que ver con nós. O seu nome é Ricardo Carvalho Calero.

O traballo que teredes que facer hoxe, será averiguar cousas sobre él e facer unha pequena redacción na que me expliquedes o fundamental da súa vida:

1. Quén foi... onde nacéu, onde estudiou e qué... que outras cousas aprendeu ou fixo na súa vida...de qué traballóu...onde vivíu, onde traballou...
2. Por qué foi importante para a lingua galega... qué obras escribíu... se loitou por algo... ou defendéu algo ou a alguén na súa vida que mereza destacar...
3. Algúns das obras que fixo. Fixo obras de distinto tipo ou centróuse nun tipo de obras: literarias... ou fixo tamén outro tipo de obras...
4. A súa familia, se estivo casado, se tivo fillos...

A redacción debería ter polo menos 6 liñas e debe ter un dibuxo, que pode ser o seu retrato ou algo que teña que ver coa súa persoa (algo relacionado con él dalgún xeito... un persoaxe dalgunha das súas obras...). Podedes facela no ordenador ou na libreta pero se a facedes no ordenador o debuxo hai que facelo ou a man (o voso ordenador ten pantalla táctil) o con punteiro táctil o co rato con moito coidado... Non me vale copiar a imaxe ou foto de Internet...
Subídea a Aula de Lingua Galega.

Ademáis póñovos unha pequena presentación sobre a súa figura que pódevos ser de interese.
Libro para descargar do Portal da lingua galega. 

Póñovos ahí abaixo un enlace ó Portal da Lingua Galega onde é posible que atopedes información sobre él, pero podedes buscar en moitos sitios máis e creo que vos pode sorprender o cerca de nós que estivo este escritor.
https://www.lingua.gal

Outro enlace interesante sobre a Literatura en Lingua Galega.

Bueno, bo día e boa investigación...

Ah, hoxe temos video-conferencia as 11. Véxovos alí...

Un saúdo,

Manuel.

jueves, 14 de mayo de 2020

Xoves, 14/05/2020.

Bo día a tod@s !

Continuaremos hoxe coa asignatura de Matemáticas. Continuaremos facendo os exercicios de repaso da unidade. Faremos os exercicios 16 ó 29 (inclusive) do apartado Repaso Trimestral da páxina 125 do libro de clases da asignatura.
Os que teñan algo pendente da tarefas que o vaian facendo porque vexo que alguén non entregóu o da última clase de Matemáticas. Os que non fixeron os exercicios de onte na libreta da asignatura que fagan os de hoxe alí porque quero ver cómo seguides a facer os traballos nas libretas e a vosa caligrafía... Facédelle unha foto e subídea á Aula de Matemáticas.

E intentade escribir con boa letra. Un traballo feito con boa letra, limpo e con debuxos ben coloreados ten moito máis valor que un feito á presa e sen fixarse...

Bueno, pois nada máis por hoxe.

Lembrade que mañá teremos video-conferencia e espero que mañá consigamos contactar todos ben..

Ah, díxome a profesora de Relixión (Olga) que non vos esquezades de facer os exercicios da súa asignatura... O enlace os exercicios desta asignatura está aquí. Xa volo descarga en formato pdf.

Un saúdo,

Manuel.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Mércores 13/05/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe temos video-conferencia e envieivos o enlace para acceder a ela.
Por outra banda, hoxe traballaremos a asignatura de Matemáticas. Faremos os exercicios de repaso da unidade. Faremos os exercicios 1 ó 15 (inclusive) do apartado Repaso Trimestral das páxinas 124 e 125 do libro de clases da asignatura.
 
Os que teñan algo pendente da tarefas que o vaian facendo porque vexo que alguén non entregóu o da última clase de Matemáticas.

Hoxe, ás fotos, arquivo OpenSankore, Writer, etc... no que figure voso traballo hai que subilo á aula de Matemáticas no apartado que figura alí para o día de hoxe.

Bueno, pois nada máis por agora. Vémonos nuns intres na video-conferencia.

Un saúdo,

Manuel.

martes, 12 de mayo de 2020

Martes, 12/05/2020

Bo día a tod@s !,

Como vexo que a algúns non lles deu tempo a entregarme as tarefas de onte de Ciencias Naturais, deixo hoxe tamén tempo para que a rematen...

Para os que xa a fixeron imos a facer unha tarefa menos dura con Audacity, programa do que vos fillen a semana pasada un titorial...

A tarefa é sinxela, quero que grabedes un trozo de texto, dun libro que teñades por casa, que vos guste ou que simplemente teñades a man...

Quero unha grabación de 5 minutos polo menos. Se tedes faios, cando leades algunha líña, simplemente repetide esa parte... non paredes a grabación. Esa é a mecánica que vos expliquéi o outro día na video-conferencia.

Facedes a exportación (que é como se lle chama en Audacity a "gardar"), metédea nunha parte do ordenador que logo podades acceder a ela e subídea a Aula dixital polo Coronavirus no apartado que puxen alí. Da igual se a grabación foi en castelá ou en galego... 

O resto, os que non me entregaron a de onte, que a graben despois de facer o traballo pendente...

E como vos deixo moito máis tempo libre que outros días, botádelle unha ollada ós traballos doutras asignaturas como Plástica, Lingua Inglesa e Educación Física...

E nada máis por hoxe...

Bo día e bo traballo !

lunes, 11 de mayo de 2020

Luns, 11/05/2020

Bo día a tod@s !,
Continuaremos hoxe traballando coa asignatura de Ciencias Naturais. 
Aínda que retomaremos un pouco máis adiante o tema das enfermidades, que xa está prácticamente rematado, pero que resulta moi interesante nas circunstancias actuais, imos traballar hoxe un contido diferente: a materia

É un contido interesante porque fai que nos preguntemos sobre os obxetos que nos rodean, de qué materiais están feitos, cal é o seu estado: sólido, líquido ou gaseoso... e sobre as características deles (a súa dureza, elasticidade...)

En primer lugar iremos á Aula Virtual de Naturais á Unidade 5: A materia e a enerxía, e dentro dela accedemos ó apartado A materia. Características: masa, volume, densidade.

Neste apartado temos que leer en primeiro lugar a Sección 1: A auga nas nosas vidas. É un texto moi pequeno que serve de introducción á unidade e que ten o final varias preguntas sobre as que teremos que pensar pero non fai falla que as contestemos por escrito. Na vindeira video-conferencia preguntaréivos sobre estas preguntas.

Imos agora á Sección 2: Propiedades xerais da materia. Entramos aquí xa no análise da materia. Leemos esta sección e logo facemos as 3 actividades que figuran nesta sección. Facemos estas actividades na libreta de Naturais. Facédelle unha foto á folla da libreta onde o fagades e subídea ó lugar que puxen para as actividades de hoxe na aula virtual de Naturais.
Non fagades o apartado Na práctica. Faremos esa práctica doutro xeito...

Finalmente ide á Sección 3: Propiedades características de la materia e leede a mitade desa sección, ata o apartado de Actividades. Non ides facer ningunha desas actividades hoxe pero sí quero que leades ata ese punto e comprendades ben o que se explica ahí. Se tedes algunha dúbida, enviádeme un mensaxe e aclarareina.
Interésame que fagades o exercicio na libreta para poder avaliar cómo traballades a libreta desta asignatura: se escribides correctamente, con limpeza, se contestades as preguntas dun xeito lóxico...


Sobre a vindeira video-conferencia, que estaba fixada para o martes, temos que trasladala ó mércores, xa que estaréi ocupado o martes á hora que tiñamos previsto facela, así que pasámola para o mércores as 11.

E nada máis por hoxe...

Bo día e bo traballo !

viernes, 8 de mayo de 2020

Venres, 08/05/2020.

Bo día para tod@s !

As actividades de hoxe estarán centradas, por primeira vez, en dúas asignaturas: Lengua Castellana e Sociais.

Iremos en primer lugar á web de Edixgal e entraremos na asignatura de Lengua Castellana, descargamos un arquivo que temos que leer antes de realizar a actividade desta asignatura.
Nese arquivo hai unha parte de explicación e outra de exercicio. Podedes copiar a parte de exercicio e facerlle unha copia para Writer e realizar en Writer a actividade. Logo subídea á Aula Lengua Castellana. Esta actividade pode levar facela menos de 5 minutos.
A seguinte actividade é da asignatura que tamén traballamos esta semana (Sociais). Entramos na Aula de Sociais, na unidade 6: A poboación en España e Galicia, e imos a Sección 6: A poboación en Galicia e leemos o texto e desta sección facemos as Actividades 1 e 2.

Pasamos a continuación á Sección 7: Actividades productivas e económicas.Facemos a Actividade 2 desta páxina e logo facemos as actividades do apartado Avalíate da Sección 8.

Un saúdo e vémonos dentro dun ratiño na video-conferencia...

jueves, 7 de mayo de 2020

Xoves 07/05/2020

Bo día para tod@s !

As actividades de hoxe estarán centradas na asignatura de Sociais.
Iremos en primer lugar á web de Edixgal e entraremos nesta asignatura.
Logo entramos na unidade 6: A poboación en España e Galicia.
E imos a Sección 3: Movementos migratorios e leemos o texto. Facemos os exercicios 1,2 e 4 do apartado Actividades.

Pasamos agora á Sección 4: Distribución da poboación. Leemos este apartado e fixámonos ben nos gráficos e facemos as Actividades 1 e 2 con todos os seus apartados.

Como noutras ocasións podemos facer estas tarefas en OpenSankore ou en Writer. Unha vez feitas subídeas ó apartado correspondente que figura na aula de Sociais.
Se capturades algunha pregunta da pantalla, non me capturedes varias á vez. Ou sexa, capturade a Actividade 1 e logo a 2 e así sucesivamente. Vexo que algúns capturan varias á vez e responden logo dun xeito pouco organizado...

A ver se milloramos as presentacións... xa que non tedes que copiar estas preguntas a man.

A segunda tarefa que vos vou mandar hoxe é con Audacity e poñeréina un pouco máis tarde porque tiven que facervos un titorial en video que non sei si funcionará en Linux e por eso o paséi a pdf tamén. Na aula virtual de Sociais tedes dous tutoriales, un en formato video e outro en formato pdf que vos explican cómo tedes que facer para grabar sonido con Audacity.

A tarefa consistirá en que me grabedes un trozo que vos guste desta lección de hoxe de Sociais, dunha duración de 2 minutos aproximadamente... e subídela nesa aula no lugar correspondente...



Un saúdo e bo día...

miércoles, 6 de mayo de 2020

Mércores 06/05/2020

Bo día a tod@s !

Hoxe traballaremos a asignatura de Matemáticas. Faremos os exercicios de repaso da unidade. Leemos en primeiro lugar o apartado Recuerdo da páxina 120 do libro de clases da asignatura e logo facemos os exercicios das páxinas 120 e 121. A páxina 120 xa a mandara fai días pero algúns aínda non a remataran. Podedes facer as actividades en OpenSankore, ou en Writer, en Impress...

Como expliquéi máis dunha vez, tamén podemos facelo na libreta da asignatura correspondente, neste caso na de Matemáticas. Facémoslle unha foto as páxinas do caderno da asignatura e remitídesme a foto ou fotos ó sitio correspondente ás tarefas dese día.

No caso de facer varias fotos, éstas deberían enviarse como un único arquivo. Para esto hai varias opcións:

1. Pódense comprimir tódalas fotos con un compresor como zip, jzip, arj, rar...
2. Pódense incluir nun documento tipo pdf, Impress ou otro, poñendo todas as fotos que desexedes enviar nun único documento.

Hoxe, ás fotos, arquivo OpenSankore, Writer, etc... no que figure voso traballo hai que subilo á aula de Matemáticas no apartado que figura alí para o día de hoxe.
O exercicio 5 da páxina 117 que ía nas tarefas da semana pasada, farémolo na próxima reunión que teñamos entre todos os asistentes (aínda que xa o tivérades feito individualmente...)

Estou preparando o video sobre cómo se traballa con Audacity. Tan pronto o teña feito envíovos un enlace ómesmo...
Bueno, pois nada máis.
Bo día e bo traballo !

martes, 5 de mayo de 2020

Martes, 05/05/2020

Bo día a tod@s !,
Despois de varios días sen clases (virtuais), hoxe retornamos ó traballo coa á asignatura de Ciencias Naturais. 

Continuamos aprendendo sobre as enfermidades. En primer lugar leeremos as páxinas 72 e 73 do noso libro de texto que trata sobre o diagnóstico e os tratamentos. Facemos logo os exercicios 4,5 e 6 da páxina 73.

Leemos logo as páxinas 74 e 75 que tratan dos Avances científicos e a saúde e facemos os os 3 exercicios do apartado Comprende, pensa... da páxina 75.

A tarefa de hoxe podedes facela en Writer ou en OpenSankore. Deben figurar as preguntas e as respostas e coidade a presentación...

O traballo que fagades tedes que subilo a Aula Virtual de Ciencias da Natureza.

Como xa vos indiquéi na última clase de Naturais, os que queiran traballar máis poden engadir a súa voz e/ou música a presentación e aproveito para lembrarlle a algúns alumn@s que aínda non me enviaron algunha tarefa desta asignatura da clase anterior, que me envíen o que lles faltaba...

No seguinte enlace podedes ver un video que Happy Learning fixo sobre o coronavirus. Video: https://www.youtube.com/watch?v=prHuClGHtmY
 
Cada día sabemos máis cousas sobre esta enfermidade, máis das que se sabian cando fixeron o video. Podedes comentarme como tarefa final, nun apartado que podemos chamar O que eu sei sobre o coronavirus, calquer outra información que non figure nese video.

E nada máis por hoxe...

Pola tarede engadéri un video sobre cómo se graba con Audacity para os que esqueceron como se facía, tal e como quedamos na anterior videoconferencia.

Bo día e bo traballo !